Finalizan a webserie 'Mataría' cunha homenaxe a Brandariz

O día de Nadal publicarase un documental sobre como se fixo a serie con gravacións de voz do malogrado cómico

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Javier Seoane e Pedro Brandariz, responsables de 'Mataría. Microserie'

Javier Seoane e Pedro Brandariz, responsables de 'Mataría. Microserie'

A webserie 'Mataría. Microserie', premiada na última edición dos premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego, pon a fin ao seu percorrido, truncado pola morte inesperada a principios de ano do seu protagonista e un dos dous responsables da súa realización, Pedro Brandariz. Coma unha homenaxe ao malogrado artista, o outro responsable do proxecto, o realizador Javier Seoane, presenta agora os tres derradeiros capítulos co material xa gravado, que irán difundíndose durante o mes de decembro, cada domingo do mes publicaranse nas canles de YouTube e Instagram da serie un novo capítulo e rematará todo o proxecto o día de Nadal publicando un documental que dará conta de toda concepción e realización da webserie para o que usará, entre outras cousas, as gravacións de voz que Brandariz enviaba a Seoane polo Whatsapp. Deste xeito rematarase o ano cunha homenaxe máis ao desaparecido actor desde un dos seus proxectos máis persoais e recoñecidos. "Mataría" organízase en pequenos capítulos de tres ou catro minutos e cada un deles é independente e autoconclusivo.

Que che parece esta nova?
104 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nadal, Documental, Pedro Brandariz, Instagram...