Bota a andar Galicia Crime, unha nova webserie humorística

O proxecto está protagonizado por Oswaldo Digón e Pedro Brandariz

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Bota a andar Galicia Crime, unha nova webserie humorística

As aventuras da policía de Carballork na súa loita contra a delincuencia protagonizan Galicia Crime. Víctor Grande é o nome detrás desta nova webserie humorística que presentaba onte na rede os seus dous primeiros capítulos, protagonizados polo detective Dowson (Oswaldo Digón) e o sarxento Pillei (Pedro Brandariz). Canda a eles, participan neste proxecto Pepo Suevos, Lucía Veiga e Oscar Cruz. O proxecto prevé completar unha primeira temporada de seis episodios logo de ficado como finalista do premio a Produción de Webserie Galega no festival Carballo Interplay e contar coa colaboración do Concello de Carballo.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pedro Brandariz, Suevos, Concello de Carballo, Carballo Interplay

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares