A Deputación de Ourense daba a coñecer este 29 de novembro o fallo da XLI edición do Premio Blanco Amor de novela. O xurado seleccionou como vencedora a obra A inmoral doutora Cons, de Roberto Fernández Álvarez entre as vinte e cinco propostas presentadas ao certame. O premio conta cunha dotación en metálico de 15.000 euros e inclúe unha peza escultórica de Acisclo Manzano e mais a publicación da novela gañadora.
A obra narra os acontecementos que se dan nos anos 50 nunha área rural galega logo da chegada da doutora África Cons. O autor presenta unha novela coral cunha grande documentación como base e na que se cruzan unha trintena de personaxes.
O fallo do xurado destaca a "habilidade do autor para reconstruír un tempo pasado" e "o retrato certeiro do rural galego, cun matiz ourensán, fronte á perspectiva dunha médica que chega de fóra e que loita con valentía para desbotar prexuízos instalados naquela sociedade, principalmente no eido sanitario". Do mesmo xeito salienta o "tratamento acaído da perspectiva de xénero, a construción dos personaxes e o bo manexo dos diálogos, con acenos próximos á obra de Eduardo Blanco Amor e Álvaro Cunqueiro".
O xurado estivo presidido por Luís González Tosar, en representación da Fundación Blanco Amor, e integrado por Elba Pedrosa, Mario Regueira, Tensi Gesteira e Maite Jiménez. O galardón entregarase o vindeiro 3 de decembro nun acto no Liceo de Ourense.
Roberto Fernández Álvarez, ourensán nado en 1967, é médico de Atención Primaria en Allariz. Previamente a este galardón obtivera o premio Vicente Risco de ciencias sociais co ensaio Enfermos pobres, médicos tristes.