A data do 10 de marzo de 1972 quedou para a historia española, galega e ferrolá asociada para sempre a uns acontecementos definitorios da represión do réxime ditatorial que naquel momento gobernaba España co Xeneral Franco como dirixente. Aquel día, Amador Rey e Daniel Niebla, traballadores dos estaleiros Bazán, en Ferrol, morreron como consecuencia dos disparos da policía durante a represión dunha manifestación sindical. Canda eles, houbo un lote importante de feridos e detidos. O filme '10 de Marzo', dirixido por Roi Cagiao con guión do realizador e máis de Iñaki Varela, busca mergullar aos espectadores nos sucesos acaecidos neses días abordando todo o proceso de penetración das comisións obreiras e do partido comunista dentro do estaleiro Bazán, as tensións na negociación do convenio, os acontecementos dos días 9 e 10 de marzo e a repercusión internacional dos mesmos, así como o chamado "Proceso dos 23" no que os principais dirixentes obreiros foron xulgados tres anos máis tarde. O filme chega este venres ás salas de Galicia, e este xoves preséntase nunha preestrea no cine DUPLEX (Ferrol) e no CODEX Cinema de Lugo, No primeiro dos recintos as entradas xa están esgotadas e contará ademais da proxección con presentación e coloquio co director e equipo do filme; en Lugo, ás 20:30 horas de hoxe xoves a preestrea irá acompañada de presentación e coloquio co produtor e equipo do filme.
Este venres, 25 de novembro, terá lugar a estrea oficial chegando a película nos horarios comerciais de exhibición aos dous cines DUPLEX de Ferrol e CODEX de Lugo e máis aos Multicines Compostela de Santiago e Multicines Norte, de Vigo, neste último o día 26 levarase a cabo unha proxección con presentación e coloquio do director Roi Cagiao ás 20:20 horas. O mesmo día, sábado 26 a sala NUMAX de Santiago fará un pase único da película ás 17:40 con presentación e coloquio co produtor e o asesor histórico Víctor Santidrián. A realización de '10 de marzo' por Roi Cagiao ven precedida pola anterior produción do documental 'Vigo 1972' no que xa abordaba a recuperación da memoria da loita obreira galega poñendo o foco sobre a folga levada a cabo nesa cidade que marcou a urbe e a súa identidade como cidade obreira. Xa naquel momento Cagiao explicaba que os dous sucesos do ano 1972, o de Vigo e o de Ferrol, constitúen os "fitos principais na loita do pobo galego polas liberdades democráticas e os dereitos sociais no tramo final da ditadura". En '10 de marzo' Cagiao pretende ofrecer un relato "tan trepidante como emotivo" daqueles feitos a través de entrevistas cos protagonistas, materiais de arquivo audiovisual inédito e ficcións de época.