O 10 de marzo de 1972 Amador Rey e Daniel Niebla, traballadores dos estaleiros Bazán, en Ferrol, morreron como consecuencia dos disparos da policía durante a represión dunha manifestación sindical. Canda eles, houbo un lote importante de feridos e detidos. O traumático acontecemento, que causou un grande impacto en Galicia e no ámbito internacional, provocou tamén unha reacción no ámbito das letras e, con posterioridade, no resto da cultura galega. Repasamos co catedrático de Literatura Galega Xesús Alonso Montero as letras que deron conta da represión franquista.
O Consello da Cultura Galega celebra hoxe ás 17 horas unha xornada na que se lembran os acontecementos do 10 de marzo e se exploran os vínculos entre historia e memoria nesa Galicia do tardofranquismo e a primeira transición. Historiadores e creadores culturais concorrerán para analizar o legado dese dramático acontecemento do final do franquismo en Galicia.
Con Alonso Montero, que viviu os feitos desde a militancia clandestina no Partido Comunista, falamos ao redor do impacto do acontecemento na literatura galega da época.
"Forzosamente tiña que ser na literatura clandestina", aclara Alonso Montero, "e realmente sucedeu na poesía, máis que nos textos ensaísticos ou en prosa doutro tipo". Nos seguintes meses ou anos inmediatos algúns dos máis destacados poetas do momento ou escritores máis ocasionais escribiron versos de homenaxe e denuncia que respondían á tensión do momento. "Ás veces reaccionaban cun exercicio literario que exercera de terapia", explica Alonso Montero. É o caso de Evaristo de Sela. Este catedrático de Grego de Instituto, que posteriormente sería responsable das primeiras traducións ao galego da Ilíada e a Odisea, "escoitou na radio que houbera uns incidentes en Ferrol nos que morrera un obreiro. Logo soubemos que morrera outro, pero Amador foi o primeiro en caer. Evaristo quedou tan consternado que a partir de aí non debeu recibir máis información. Así que titulou o seu poema Un galego caído. Eu penso que fixo ese poema para consolarse, porque algunha vez se ten dito que a literatura é unha defensa contra as ofensas da vida".
Manuscrito do poema Un galego caído. Fundación Penzol.
O poema Un galego caído ficou gardado nun caixón ata que foi editado, no volume compilatorio Versos de preso e outras rimas (Ediciós do Castro, 2007) pola súa filla, Stella Maris González, e o propio Xesús Alonso Montero. O poema parte da propia manifestación que foi disolta pola policía e onde se produciron os feitos. "Pola rúa camiñan afoutos, / son os homes do pobo que fai o traballo. / Piden pan para / os seus fillos / nada poden temer".
Os poemas escribíanse con carraxe e pena e gardábanse nas gavetas, ás veces sementados en silencio. A Alonso Montero sorprendeulle atoparse nunha edición dun dos poemarios máis emblemático de Uxío Novoneyra, Os Eidos II, un poema dedicado aos feitos.
Mentres falamos con Alonso Montero, el mantén na man, na súa casa de Vigo, un opúsculo que considera "a peza máis valiosa dese momento". Chámase Mortos porque Galicia viva, e na súa cuberta apréciase un debuxo co estilo característico de Isaac Díaz Pardo, editado por unha misteriosa Edicións Bóveda, de Galicia, en 1973. "Está asinado por Daniel Méndez O'Donnell. Daniel, por Castelao, Méndez por Méndez Ferrín e O'Donnell polo heroe da independencia irlandesa. E no interior hai catro poemas: Roi Xordo, Alexandre Bóveda, Alfonso D. Rodríguez Castelao e Daniel Niebla e Amador Rey. Primeiro debeu de circular mecanografado e logo decidiron publicalo un tempo despois. Este sería un folleto digno de figurar en calquera exposición. Na contracuberta figura un retrato de Alexandre Bóveda, e ao carón do poema de Amador e Daniel aparece a figura duns paseados mortos nunha fraga, que ben podería ser de Colmeiro. Non só son os catro poemas, senón os paratextos". A Editorial Bóveda, no ano 1973, non existía, era parte do propio código desta publicación clandestina. E o autor, aínda que figuraba en clave, é ben coñecido: Darío Xohán Cabana.
Mentres falabamos con Alonso Montero, localizamos varios exemplares do opúsculo nos propios fondos do Consello da Cultura Galega, no Arquivo da Emigración. Un deles tiña unha detalle que achegaba claves para comprender a súa orixe: unha pegatina do programa radiofónico Galiza Sempre, emitido desde Xenebra e promovido pola Asociación Galiza Hoxe. Alonso Montero considera que, efectivamente, o exemplar puido ter sido impreso en Suíza.
Alonso Montero tamén quere lembrar outro dos poemas. "Moita da obra poética producida sobre os sucesos de 1972 está en castelán. Un dos autores que quere lembrar é Rafael Bárez, avogado dos obreiros de Ferrol. Foi apresado e posto en prisión provisional 11 meses. Alí o avogado descubriuse como poeta. "Cando morreu, un día a súa filla limpou a cómoda e alí atopou un libro chamado Poemas del 10 de marzo escritos en la prisión, e ao lelo descubrimos que era un gran poeta. Un dos grandes poemas dese libro está dedicado ao obreiro e sindicalista Julio Aneiros, que durante a manifestación recibiu un tiro na clavícula e estivo a piques de desangrarse".
O propio Xesús Alonso Montero é parte desta historia. "No ano 1974, cando aínda estaban presos e non foran xulgados os presos daquel conflito, dediqueilles un libriño meu, Pedro Petouto, traballos dun mestre subversivo".
Unha longa traza que chega ata hoxe
O 10 de marzo xenerou unha longa traza na literatura galega. Desde poemas de Manuel María, Ramiro Fonte, María Xosé Queizán ou Vicente Araguas e outros anónimos, ata audiovisuais que, cincuenta anos despois, sinalan que a memoria de aqueles feitos tamén é recollida por novas xeracións. É o caso de Roi Cagiao, quen estreará a finais de ano a longametraxe documental, con trazos de docuficción, 10 de marzo. Xa estreara previamente outro documental sobre a axitación obreira no Vigo do mesmo ano.