Presentan os resultados da intervención en Adro Vello con vistas á súa posta en valor

A intervención arqueolóxica identificou 106 sepulturas e restos de pintura mural

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Foto: Xunta

Foto: Xunta

Este sábado presentáronse no Grove os resultados da última campaña arqueolóxica no xacemento de Adro Vello. O proxecto promovido pola Consellería de Cultura da Xunta e levado a cabo nos últimos meses tiña varios obxectivos desde o punto de vista da arqueoloxía, antropoloxía física, xeocronoloxía, restauración e difusión. O proxecto documentou e interpretou o labirinto de estruturas que se atopan neste sitio arqueolóxico no que convive unha igrexa, unha necrópole e unha fábrica de salga romana, entre outros elementos. En total, os arqueólogos documentaron 65 muros e 106 sepulturas. Convocados pola asociación cultural Barlovento, a intervención contou coa participación de Adolfo Fernández, a conservadora Marta lago, a antropóloga Olalla López Costas ou o xeólogo Jorge Sanjurjo, e abordáronse os problemas de conservación e as alternativas para a súa preservación e posta en valor.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Unha viaxe vertical a Adro Vello

Unha viaxe vertical a Adro Vello

O arqueólogo Adolfo Fernández explica a complexa secuencia de factorías, residencias, igrexas, mosteiros e tumbas do popular xacemento arqueolóxico do Grove

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Adolfo Fernández, Antropoloxía, Arqueoloxía, Consellería de Cultura...