A RAG prepara o centenario de Manuel Murguía

Tres xornadas en febreiro estudarán a vida e legado do historiador

7/11/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: historia
51 lecturas | Compartido 0 veces

Manuel Murguía. Foto (colorizada): RAG

Poucas figuras teñen marcado tanto a identidade e a cultura galegas como o historiador Manuel Murguía. A través das súas investigacións e ensaios sobre Galicia, a súa identidade, historia ou costumes, construiu un amplo corpo discursivo que foi fundamental na concepción moderna da idea de Galicia. Este 2023 celebrarase o centenario do seu pasamento e a Real Academia Galega iniciará o 'ano Murguía' con tres xornadas a celebrar os días 2, 9 e 16 de febreiro. No primeiro encontro, que se celebrará na Coruña, abordarase a "relación de Murguía coas institucións galeguistas e a creación dos símbolos de Galicia". No segunda das xornadas, o día 9, achegaranse á idea de Galicia en Santiago de Compostela e o 16 de febreiro na Casa da Matanza en Padrón estudarase o rol de Murguía na construción da literatura galega moderna e o seu papel na visibilización da poesía de Rosalía de Castro.


Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Murguía, Identidade, Rosalía de Castro, Literatura...