Cando se están a cumprir os 20 anos da marea negra provocada polo naufraxio do petroleiro Prestige, diferentes axentes da cultura do paÃs están a desenvolver propostas arredor da efeméride. Deste xeito a Editorial Galaxia acaba de anunciar o lanzamento de tres tÃtulos arredor do aniversario. Xosé Manuel Pereiro asina Tal como foi, tal como fomos, unha obra na que "procura na verdade do que pasou naquel naufraxio e posterior marea negra".
Pola súa banda, en Prestige, 20 anos 20 voces vinte escritoras e escritores do paÃs "lembran coas súas propias palabras aqueles dÃas incertos e aciagos" con imaxes de José Luis Abalo nunha obra da que os beneficios irán destinados á asociación ecoloxista ADEGA. Finalmente, Santi DomÃnguez, antiguo concelleiro de Vigo asina Cando choraron as CÃes, un libro en formato diario persoal que repasa os primeiros momentos da catástrofe.
Alén das publicacións, a Asociación Unha Gran Burla Negra ten xa na rede o Glosario do Prestige, "unha compilación colectiva de vocabularios empregados polo movemento e acompañadas de breves explicacións". A listaxe colecciona os vocabularios que os colectivos que fixeron parte das protestas contra a catástrofe "necesitaron inventar ou resignificar para nomear e compartir o que estaban a compoñer". A partir deste 7 de novembro, a asociación irá dando a coñecer nas redes sociais unha selección deste vocabulario acompañada de recursos documentais da época na forma de fotografÃas, vÃdeos ou audios.
A estas propostas súmase a da compañÃa Chévere, que recupera para a ocasión a súa obra N.E.V.E.R.M.O.R.E dedicada a esta catástrofe. AsÃ, entre os dÃas 11 e 13 deste mes o Auditorio de Galicia acollerá tres representacións da montaxe, que tamén se poderá ver en Vimianzo (dÃa 19) e na Coruña (28 de decembro), onde conmemorará os vinte anos do Velorio do mar da morte de Man, o alemán de Camelle.
Tamén na Coruña o festival de fotografÃa FFoco, centrado nesta xeira nas cicatrices da paisaxe, ten no seu programa unha exposición monográfica dedicada ao Prestige. O valenciano Julián Barón asina as imaxes de O desengano, impresas en tinta branca sobre papel negro.