Ofelia Rey Castelao obtén o Premio Nacional de Historia

Estudou as migracións das mulleres na Idade Moderna

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Ofelia Rey Castelao. Foto: Wikipedia

Ofelia Rey Castelao. Foto: Wikipedia

En 2021 a catedrática de Historia Moderna da USC, Ofelia Rey Castelao, publicou na propia universidade a monografía El vuelo corto: mujeres y migraciones en la Edad moderna. Onte coñeceuse a noticia de que a publicación recibira o Premio Nacional de Historia que concede o Ministerio de Cultura e dotado con 20.000 euros. Para o xurado, o premio é "unha investigación rigurosa con diversidade de fontes históricas que ofrece unha visión integral das migracións das mulleres na Idade Moderna. O libro estudia as causas e trascendentais consecuencias demográficas, sociais, laborais, económicas, culturais e morais, á vez que ofrece o exame da outra cara do fenómeno, as consecuencias das migracións masculinas nas mulleres que quedaban". A profesora Rey Castelao ten unha dilatada traxectoria en estudos e investigacións sobre a Idade Moderna, coordinando numerosos proxectos de investigación. Recentemente comisariou a exposición Inventio mundi para o Consello da Cultura Galega.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Idade Moderna, Mulleres, Ofelia Rey Castelao...