Quiosco: Mazarelos número 13

As diferencias na emigración da Idade Moderna e Contemporánea entre os contidos

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Cuberta do número 13 de Mazarelos

Cuberta do número 13 de Mazarelos

O número 13 da revista Mazarelos aborda, coma sempre, diferentes temáticas das ciencias sociais. Entre outros contidos, destacan neste número as entrevistas. Amelia Fidalgo entrevista a lectora de español da universidade de Bucarest, Mihaela Ciobanu, ao redor da Romanía de Ceaucescu. Os profesores da facultade de Historia da USC Pilar Cagiao e Domingo González Lopo conversan sobre o fenómeno migratorio e as súas diferencias entre a Idade Moderna (especialidade de Lopo) e Contemporánea (especialidade de Cagiao). Ademais, Pablo Molejón redacta unha interesante historia de vida dunha obreira da conserva viguesa, Rosa Monteagudo, e a partir de aí coñecer a industria conserveira de entón. E Aldara Castro escribe sobre os parques composteláns e o modelo urbanístico trala súa remodelación.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Mazarelos 3

Quiosco: Mazarelos 3

A Revista de historia e cultura aborda desde os videoxogos á vida de Sofía Casanova na súa última entrega

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Idade Moderna, USC

Claves

Entidades
Conceptos