Un seminario analizará os efectos identitarios, sociais e políticos da Lei de Memoria Histórica

Máis da metade das 500.000 persoas que solicitaron a cidadanía son de orixe galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Un seminario analizará os efectos identitarios, sociais e políticos da Lei de Memoria Histórica

A lei de memoria histórica foi moito máis que a apertura de fosas. De feito, para o historiador e presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), esa “é unha parque moi pequena dunhas consecuencias sociais e políticas con implicacións cívicas que fomentan a cohesión ”. Por mor dese texto lexislativo hoxe sabemos que uns 500.000 cidadáns doutros territorios solicitaron a nacionalidade española e que máis da metade son galegos. Sobre as consecuencias e implicacións que ten e terá ese texto pioneiro falarase nun seminario internacional (Migracións e Memoria Histórica) que o CCG coorganiza xunto co Equipo de Socioloxía das Migracions Internacionais (ESOMI) da Universidade da Coruña. A cita terá lugar do 13 ao 14 de xuño.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Memoria Histórica, Universidade da Coruña, Consello da Cultura Galega