Amigos da Ópera de Vigo leva a escena o Falstaff de Verdi

A produción orixinal reúne máis dun cento de intérpretes este 30 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Amigos da Ópera de Vigo leva a escena o Falstaff de Verdi

Por vez primeira Vigo acollerá unha representación da ópera Falstaff, de Giuseppe Verdi. O Teatro Afundación presenta este 30 de outubro a posta en escena desta produción orixinal da Asociación de Amigos da Ópera, a máis ambiciosa das que ten desenvolvido esta entidade.

A ópera chega con música ao vivo e en formato semi escenificado, que combina escenarios con proxeccións, e a contar con 10 cantantes principais, 56 voces de coro e 58 músicos da Orquesta Sinfónica Vigo 430. Luís Cansino, José A. López, Leonor Bonilla, Francisco Corujo, Carmen Solís, Anna Gomá, María Luisa Corbacho, Josep Fadó, Javier Agulló e Pedro Martínez Tapia, acompañados do coro Rías Baixas correrán coa posta en escena da montaxe. Eugenia Corbacho corre coa dirección escénica do proxecto, co que Amigos da Ópera homenaxea os 35 anos de carreira do barítono vigués Luís Cansino.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ópera, Vigo, Teatro, Asociación de Amigos da Ópera...