Este 30 de setembro o Outono Lírico de Vigo comeza a andaina sonora de 2023, na que recupera as óperas presenciais logo da pandemia de Covid-19. O recital Novas voces da lírica galega reúne nesa data a soprano Susana García coa pianista Cristina Ledo para interpretar pezas de Donizetti, Mozart, Rossini, Thomas, Granados, Vives, Obradors, Chapí e Giménez iniciará as actividades musicais desta xeira. Os pratos fortes, no entanto, serán a versión en concerto semiescenificado de Il Trovatore, de Giuseppe Verdi, o vindeiro 15 de outubro e mais a representación de Don Pasquale de Donizetti.
A Orquesta Sinfónica Vigo 430 e o Coro de Cámara Rías Baixas correrán co apartado musical das dúas montaxes. No caso de Il Trovatore, Diego García Rodríguez corre coa dirección musical, mentres Alejandro Roy, Iwona Sobotka, María Luisa Corbacho, Javier Franco, David Lagares, César Gutiérrez e Marina Penas corren coas interpretacións vocais. En Don Pasquale Manuel Coves dirixe un apartado músical que conta con Fernando Latorre, Natalia Labourdette, Jesús León e Fernando Campero como intérpretes.
As dúas montaxes irán acompañadas na véspera por cadansúa mesa redonda temática, e o programa inclúe ademais as proxeccións das óperas Otello de Verdi e mais de Luzia de Lammermoor de Donizetti no Auditorio Municipal. O ciclo rematará o 6 de novembro coa conferencia Victoria de los Ángeles, línea y sutileza a cargo do crítico Arturo Reverter. As actividades comezaron estes 27 de setembro coa presentación do libro Melodías Esquecidas. Un século de escena Lírica en Vigo (1.832-1.931) de Carlos E. Pérez.
O Outono Lírico conta cun apoio económico de 80.000 euros do Concello de Vigo aos que se suman outros 20.000 da Deputación Provincial.