Os ensaios de Otello anticipan o LVIII Festival da Ópera

Marco Beti e Ainhoa Arteta son os protagonistas desta coprodución

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Con case todas as entradas vendidas, o vindeiro 2 de setembro, o Pazo da Ópera da Coruña poñerá en escena a obra mestra de Giuseppe Verdi, Otello. É a montaxe estrela do Festival da Ópera da Coruña, onde acaban de comezar os ensaios. O proxecto suma o teatro de Trieste e a Asociación de Amigos da Ópera, que mantén o festival lírico máis antigo de España. Marco Beti será Otello, Ainhoa Arteta será Desdémona e Claudio Sgura, Jaro. Canda eles estarán o tenor coruñés Francisco Pardo e a soprano ferrolá Gloria Amil. Ademais desta coprodución, o festival dará acubillo a Guillaume Tell e a peza de Donizetti La fille du régiment.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ópera, Teatro, Asociación de Amigos da Ópera, Pazo da Ópera da Coruña...