O Festival Mozart abre a ritmo de Verdi

Ainhoa Arteta e Dolora Zaijick non estiveron no concerto inaugural por problemas de saúde

10/5/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Aínda que os dous grandes reclamos do cartel (Ainhoa Arteta e Dolora Zaijick) caeron no último momento por motivos de saúde, a Misa de Réquiem de Guiseppe Verdi tivo unha excelente acollida de público e crítica nun cheo Pazo da Ópera. Con esta peza abriuse unha nova edición do Festival Mozart que ten os seus ollos postos na seguinte gran actuación: a representación da Ópera Don Giovanni con escenografía de Pier Luigi Pizzi (venres, 21). Canda esta, do 28 ao 31 de maio representarase a versión para toda a familia de A frauta máxica adaptada por J. Menor e interpretada en castelán. A seguinte gran cita do encontro terá lugar o 19 de xuño coa recuperación de O soño dunha noite de verán tal e como foi concebida por Mendelssohn.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mozart, Festival Mozart, Ópera

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos