O humor entra no Festival da Ópera da Coruña cunha obra de Donizetti

As entradas están esgotadas na Coruña pero poderase ver tamén en Vigo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

É unha das obras máis destacadas no marco das escasas pezas cómicas. Ademais, é o contrapunto humorístico da programación da 58 edición do Festival da Ópera da Coruña, despois do drama de Otello e antes da estrea de Guillaume Tell (outro gran drama), o encontro programa La fille du régiment, a ópera de Gaetano Donizetti. Coa actriz Rossy de Palma (nun papel falado) como principal reclamo, a cita ten todas as entradas vendidas na Coruña (venres 24), aínda que se poderá ver o vindeiro luns 27 no Centro Cultural Caixanova de Vigo.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Ópera, Humor, Centro Cultural Caixanova de Vigo...