O Festival de Ópera da Coruña e o ciclo de Lied en Santiago reforzan os espectáculos musicais do país

Da ópera ao Lied

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Esta noite (20:30 horas) o Festival de Ópera de A Coruña acollerá a representación de “Norma”, un drama amoroso composto por Vincenzo Bellini e que narra a historia de Norma, sacerdotisa dos druídas que rompe os seus votos tras enamorarse do gobernador romano Polión quen, á súa vez, namórase doutra sacerdotisa, Adalgisa. Unha cita que esixe gran pericia vocal con gran axilidade e potencia da que xa non quedan entradas. O segundo prato forte dun festival que este ano aposta polos intérpretes do país no ciclo “As novas voces galegas”. Un programa que comeza o vindeiro día 15 no Museo de Belas Artes e que será o debut de Borja Quiza acompañado ao piano por Angelo Michel Errico. Por outra banda, o Concello de Santiago e a Asociación Galega da Lírica Teresa Berganza veñen de presentar o programa do VII ciclo de Lied. Este é o primeiro que conta coa implicación do Xacobeo e abre este venres a soprano inglesa Joan Rodgers.

Máis información sobre o Festival de Ópera da Coruña no seu web e en La Voz de Galicia e sobre o ciclo de Lied Compostela Cultura

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ópera, A Coruña, Xacobeo, Belas Artes...