A Coruña encherase a partir de mañá das voces máis potentes co comezo da IV Edición do Festival de Ópera que se centra este ano na figura de Giuseppe Verdi. Os cen anos da morte do prolÃfico compositor serven á organización do Festival para traer por primeira vez ó estado a obra "Un Giorno di Regno" e a recuperar outras obras do italiano. Onda a Verdi, unha ópera de Wagner e pezas de Bellini e Donizzeti completan o programa.
Un festival de prestixio
O Festival da Ópera da Coruña vai consolidando o seu prestixio interancional coa organización desta cuarta edición. Nesta ocasión a Asociación de Amigos da Ópera que viña organizando o certame, cedeu este labor ó Consorcio para a Promoción da Música, entidade xestora da Orquestra Sinfónica de Galicia, o que supón a profesionalización do Festival cun orzamento que rolda os 160 millóns de pesetas. Na liña de consolidación do festival, esta edición trae á Coruña a estrea de "Un Giorno di Regno". Esta ópera, nunca antes representada en España, está sendo producida desde La Scala de Milán con grande éxito, atraerá á Cidade Herculina a afeccionados á lÃrica de todo o Estado. O Palacio da Ópera acollerá a escenografÃa de Pier Luigi Pizzi, un dos mellores profesionais deste eido. A obra, unha das primeiras comedias de Verdi, poderá verse os dÃas dezanove e vinteun de setembro ás oito e media da noite.
Verdi e Wagner
A pesar do innegable protagonismo de Verdi nesta edición, outros grandes da ópera pasarán pola Cidade Herculina. AsÃ, será un recital lÃrico con pezas de Bellini e Donizetti a cargo da soprano Mariel Devia quen abrirá o Festival. Será este venres, ás oito e media da tarde baixo a dirección de Giulano Carella.
A segunda obra que se representará será "A Walkiria" de Wagner, terceiro acto da saga dos nibelungos. Será o barÃtono Albert Dohmen quen encarnará a Wotan, e varias intérpretes galegas serán as encargadas de representar o papel das walkirias. Será o dÃa 13 de setembro.
Logo das representacións de "Un Giorno di Regno", será Verdi de novo o encargado de pechar o festival o dous de novembro coa obra "Messa di Réquiem", dirixida por VÃctor Pablo e coa participación do tenor Giuseppe Sabbatini e do baixo Tidar Abdrazakov.