A Asociación Galega da Lírica organiza unha homenaxe a Giusseppe Verdi

Cen anos de Verdi

Hai cen anos que naceu Giuseppe Verdi. E para celebralo a "Asociación Galega da Lírica" organiza un ciclo de conferencias titulado "A ópera cen anos despois". Unhas actividades que comezan hoxe e que rematarán o vindeiro 5 de abril e que traerá a Compostela músicos moi coñecidos como Olga Mykytenjo e Varleiano Gamghebelli.


Programa



Un total de catro conferencias compoñen o ciclo " A Ópera Cen Anos Despois" que a Asociación Galega da Lírica organiza para conmemorar o centenario do nacemento do compositor. O ciclo comeza hoxe xoves co critico musical Cesar Wonemburger, falará sobre "Verdi, o triunfo da expresión". O ciclo continuará o día 13 sobre o "Itinerario musical e político de Giuseppe Verdi", polo crítico Antonio García Castiñeira. A terceira conferencia corre a cargo do presidente da Asociación Lírica, José Víctor Carou, o día 20 de marzo sobre "Verdi e o bufo; de Un gionro di regno a Falstaff. O crítico Daniel Álvarez Vázquez pechará o ciclo con "La Trilogía popular", nome co que se coñece ás tres creacións verdianas máis coñecidas "Rigoletto", "Trovatore" e "Traviata". Tódalas conferencias desenvolveranse ás 8 na Aula Cinco da Facultade de Historia da Universidade de Santiago. O ciclo conta coa presencia da soprano Olga Mykytenco e do tenor Valeriano Gamghebelli que ofrecerá un concerto que se repetirá o día 7 de abril en colaboracion co Sociedade Filharmónica da cidade viguesa.












Centenario




O pasado 27 de xaneiro cumplíronse cen anos do nacemento de Giuseppe Fortunio Francesco Verdi (1813-1901). Un dos compositores italianos máis coñecidos que lle valeu, en máis dunha ocasión como a voz do pobo. De feito as súas óperas máis coñecidas "Rigoletto", "Trovatore" e a "Traviata" están coñecidas como a triloxía popular.