As editoras galegas volven de Frankfurt cun "balance positivo"

A Asociación Galega de Editoras 'lamenta a falta de apoio' da Xunta

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:

No seu comunicado de valoración da misión comercial galega á Feira do Libro de Frankfurt, a Asociación Galega de Editores (AGE) valorou como 'moi positivo' o traballo e os acordos realizados polas trece editoriais da entidade que participaron neste mercado do libro. A Asociación Galega de Editoras queixouse da "diferencza de trato que reciben todo so gremios e asociacións nacionais e internacionais do sector do libro por parte das administracións", tanto para a xestión do espazo como para un programa de actividades e alude a que a Xunta "duplicou" a presenza galega co seu propio stand. No stand da Xunta tamén concorreron outras editoras galegas que non pertencen á AGE. A Asociación distribuiu exemplares do seu catálogo de venda de dereitos Galician books e participaron en varias actividades organizadas pola propia asociación ou en parcería con outras entidades.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Frankfurt, Asociación Galega de Editoras, AGE, Feira do Libro...