A exposición 'Ruth Matilda Anderson. Unha viaxe pola indumentaria tradicional de Galicia' do Museo de Pontevedra pechou onte as súas portas converténdose na máis visitada no Museo desde o ano 2016. Un total de 14.402 persoas visitaron a mostra organizada en colaboración coa Hispanic Society de Nova York e comisariada pola pontevedresa Asociación Etnográfica Sete Espadelas. Con máis de 75 traxes, a mostra reproducÃa cada unha das vestimentas fotografadas por Ruth Matilda Anderson na súas viaxes a Galicia entre 1924 e 1926 por encargo da Hispanic Society de Nova York. Unha experiencia que permitiu ao público visitante coñecer a Galicia dos anos 20 a través da lente da súa cámara e as anotacións do seu "caderno de bitácora". A exposición foi froito de cinco anos de estudo, busca, análise e recuperación na que Sete Espadelas amosa unha compilación de vestimentas que forma parte dos fondos da súa colección para reproducir as fotografÃas de Ruth Matilda Anderson. Este proxecto superou as 1.000 prendas expostas, unha gran parte delas antigas ou reproducidas a partir de patróns e tecidos antigos acompañadas de ferramentas de traballo orixinais da época e de incalculable valor etnográfico.
Segundo comunica a Deputación provincial de Pontevedra, o volume de visitas á exposición foi constante durante o tempo que estivo aberto, entre o 6 de agosto e o 16 de outubro: 5.654 visitantes en agosto, 4.350 en setembro e 4.398 en outubro. Con estas cifras de visitas, esta exposición superou ás que eran ata agora as de maior éxito de público dos últimos anos: 'Galaicos. Un pobo entre dous mundos' (2019-2022), con 13.182 visitantes, 'Leopoldo Nóvoa 1919-2019' (2020) con 12.117 visitantes e 'Origami, de papel a obra de arte' (2021-2022) con 12.214 visitantes. O éxito de público chegou tamén ás visitas guiadas: 1.825 persoas participaron nas visitas, entre elas 1.009 persoas de grupos escolares de diferentes niveis educativos. Ademais, esgotáronse todos os exemplares do catálogo, do que houbo que facer dúas impresións.