En 1924 Ruth Matilda Anderson desembarcaba en Vigo cun obxectivo moi claro: describir e fotografar a realidade española do momento. Era o encargo da Hispanic Society of America, a centenaria institución cultural que editaría despois o libro de viaxes que Anderson realizou. O resultado dese traballo, do que hai máis de 5.000 imaxes, poderase ver este ano da man da Fundación Caixa Galicia en dúas exposicións. A primeira delas abre mañá a súas portas en Lugo, desde onde itinerará por varias sedes da entidade, e na que se seleccionan 164 imaxes que recollen a ollada documental da coñecida fotógrafa. A segunda exposición terá lugar na Coruña a mediados de outubro, que será cando se exhiban, por primeira vez, preto de 500 imaxes que retratan a Galicia dos anos vinte. Miguel Anxo Seixas e Patrick Lenaghan son os comisarios deste proxecto que comezou hai case dous anos no soto da sede neoiorquina da Hispanic Society of America.
Unha exposición recolle as fotografías realizadas por Ruth Matilda Anderson nos anos vinte
É a primeira parte dun proxecto que achegará imaxes inéditas
17 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Protagonistas
Entidades
Conceptos



