Manolo Paz une distancias no centro cultural de Madrid

As obras de 'A distancia que nos une' poderanse ver ata o 11 de decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Manolo Paz une distancias no centro cultural de Madrid

O artista cambadés Manolo Paz estreou no centro histórico de Madrid, entre o Paseo do Prado e o Paseo de Recoletos, a exposición 'A distancia que nos une'. Doce conxuntos escultóricos pétreos localizados diante de significativos edificios da cidade, como a praza do concello de Madrid, os xardíns do Museo Thyssen-Bornemisza ou a fachada do Museo do Prado entre outros. Segundo a galería Max, representante do artista, a exosición "celebra a designación da emblemática arteria verde de Madrid, como Patrimonio da Humanidade por parte da UNESCO". A exposición, comisariada por David Barro, é froito dun "proxecto colaborativo entre a Xunta de Galicia, o Concello de Madrid e a galería de arte madrileña Max Estrella".


Esculturas diante do Museo do Prado. Fotos: Galería Max

Que che parece esta nova?
98 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Manolo Paz, David Barro, Museo do Prado...