O teatro Municipal de Maltepe, en Estambul (TurquÃa) será o espazo que acolla hoxe a primeira representación pública de 'Tolo', espectáculo coproducido polo Centro Dramático Galego co colectivo galego Cinema Sticado (Xosel DÃez e Helena Varela Barrio) e o turco TÃyatro Eksen. No marco da colaboración que o CDG mantén coa Eurasiatheaterassociation xurde esta produción baseada na obra 'Diario dun loco', do dramaturgo ucraÃno Nicolái Gogol (1809-1852). O espectáculo reúne diferentes linguaxes escénicas, personaxes interpretados por actores reais e outros por monicreques baixo a dirección do turco Kubilay Erdelikara. A montaxe poderá verse en Galicia o vindeiro domingo 16 de outubro, como parte da programación do festival Galicreques en Santiago de Compostela. A historia de 'Tolo' invita a facer un percorrido polos escuros camiños da mente humana. Un funcionario do goberno ucraÃno, Aksenti Ivanovich Proprischin, vive o seu dÃa a dÃa entre a rutina do seu insignificante traballo e a súas ansias de máis, ata que acaba créndose o Rei de España. Frustracións que conducen a alucinacións non esvarar gradual cara a loucura. 'Tolo' aborda un tema vixente en todo momento: a imperiosa necesidade de desempeñar un papel na sociedade.