Preséntase a BD STRPTS // episodio 1: Mirlo & Rula

O álbum fai parte dun proxecto escénico de Cinema Sticado

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Preséntase a BD STRPTS // episodio 1: Mirlo & Rula

Naceu como un espectáculo de cinema ao vivo dentro da compañía Cinema Sticado, e acaba de ver a luz como álbum de banda deseñada. STRPTS // episodio 1: Mirlo & Rula conta a historia dun "home sixiloso (Mirlo) e unha muller soñadora (Rula) cruzarán os seus destinos nunha fuxida inesperada por culpa dun segredo a voces". Intriga, corrupción e sangue fan parte dunha narración que Xosel Díez e Xabier Varela levaron aos cadriños. O álbum, editado pola propia compañía, presentouse no último Autobán, que se celebrou na Coruña entre os pasados 14 e 15 de agosto. Agora, a coincidir coa representación da montaxe no festival Titirideza, a libraría Vagalume de Lalín acolle unha noa presentación o vindeiro 29 de agosto ás 18:30 horas. O volume, de 128 páxinas a cor, está á venda a un prezo de 17 euros.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Espectáculo, Banda deseñada, Autobán...

Claves

Entidades
Lugares