Un total de trinta e catro espectáculos compoñen o maior programa do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo. O evento, que se presentou onte, desenvolverase entre o 25 de septiembre e o 31 de octubre coa relación co público como eixe. Nese sentido, o programa "pon o foco sobre personaxes que reclaman o protagonismo da súa voz, dunha propia versión sobre a súa vida. Más aló da historia máis visible ou oficial defenden a súa mirada persoal e Ãntima e converterannos en testemuñas e cómplices da súa versión orixinal". Entre as propostas, atópanse catro estreas absolutas, e dez estreas de espectáculos en Galicia. El testamento de MarÃa, Ojos de agua, Constelaciones ou as producións galegas Presidente, Strpts Episodio 1: Mirlo&Rula, A Galiña ou Filosofando son algunhas das que se poderán ver no encontro.
A iniciativa inclúe, como é habitual, a XVII Rúa dos Contos e o programa infantil Fiotiño, que se estende a tres dÃas. Ademais, mantéñense actividades paralelas como a Escola do espectador, os Cafés, o concurso radiofónico de teatro lido e, como novidade, un Taller de humor para torpes. No encontro, a actriz Susana Dans recibirá o premio Xograr de Outono. A organización recoñécea con este premio "pola súa magnÃfica traxectoria profesional sendo unha das actrices galegas, que, a pesar da súa xuventude escénica, destaca polas súas grandes interpretacións nas máis importantes compañÃas galegas, por ter unha equilibrada e constante experiencia na escena galega e por ter un dos currÃculums artÃsticos máis completos das actrices en Galicia".
Programa do FIOT 2015.A iniciativa inclúe, como é habitual, a XVII Rúa dos Contos e o programa infantil Fiotiño, que se estende a tres dÃas. Ademais, mantéñense actividades paralelas como a Escola do espectador, os Cafés, o concurso radiofónico de teatro lido e, como novidade, un Taller de humor para torpes. No encontro, a actriz Susana Dans recibirá o premio Xograr de Outono. A organización recoñécea con este premio "pola súa magnÃfica traxectoria profesional sendo unha das actrices galegas, que, a pesar da súa xuventude escénica, destaca polas súas grandes interpretacións nas máis importantes compañÃas galegas, por ter unha equilibrada e constante experiencia na escena galega e por ter un dos currÃculums artÃsticos máis completos das actrices en Galicia".