
Aos poucos de rematar a cita de Lalín os monicreques volverán moverse en Redondela, onde se celebrará entre o 1 e o 6 de setembro a súa adiada vixésima primeira edición do Festival Internacional de Títeres. O evento organizado desde a Asociación Xente Titiriteira, rende este ano homenaxe á compañía Os monicreques de Kukas coa iniciativa Redondela é un escaparate.pola cal escaparates comerciais da vila acollerán cartaces, monicreques e elementos escenográficos que forman parte da historia desta compañía con máis de 40 anos de percorrido na escena. O festival ofrecerá máis dunha vintena de propostas que se repartirán en diferentes espazos, tanto pechados coma ao aire libre ou itinerantes polas rúas, nunha adaptación ás necesidades de seguridade sanitaria. A compañía Eme2 Producións abrirá o programa o día 1 no Auditorio da Xunqueira con Contacreques. Tamén participarán as compañías Tanxarina Títeres, Teatro Marionetas Trécola, Títeres Cascanueces e Cinema Sticado. A organización do evento mantén a vocación internacional do Festival, presentando nesta ocasión os traballos e espectáculos de compañías profesionais de: Arxentina e tamén de Cataluña, Madrid, Andalucía, Castela-León e Galicia. Coma é o caso da arxentina Valeria Guglietti e das compañías Teatro Mutis, Ángeles de Trapo, Le Guignol Orthopédique e Cazando Gamusinos. Mamá Cabra, paco Nogueiras, Pakolas, a Fanfarria Brassica Rapa e The Turres Band porán a música no festival da localidade pontevedresa.