O XIV Titirideza homenaxeará as compañías galegas de monifates

Celébrase entre o 27 e o 30 de agosto e inclúe unha exposición sobre os títeres nos anos 80

| Santiago. Redacción | Seccións: EscpectáculosExposicións
Compartir:
O XIV Titirideza homenaxeará as compañías galegas de monifates

Neste 2015 fanse trinta anos do primeiro encontro de titiriteiros en Galicia. A homenaxear esta cita, que puxo as bases da evolución do teatro de bonecos no país, o XIV Titirideza chega a Lalín cun programa nidiamente galego. Entre o 27 e o 30 de agosto, a localidade acollerá as actuacións de Tanxarina títeres con A casa do avó, os Contos do vento acatarrado de Os monicreques de Kukas, Fantoches Baj con Rodarirrodari Non toques os meus círculos de Artello, a Carapuchiña vermella de Dhantea Teatro e mais a presentación da BD STRPTS // episodio 1: Mirlo e Rula de Cinema Sticado. Ademais, no Museo do Títere poderá verse unha mostra de pezas sobre as compañías de títeres dos anos oitenta e o xeito no que recuperaron de xeito profesional esta arte.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Trinta anos de títeres

Trinta anos de títeres

Os encontros de titiriteiros marcaron a evolución da arte dos bonecos no país

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Kukas, Contos, Cine...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares