Seis espectáculos concentran a nova oferta do festival Titirideza

Celebrarase en Lalín entre o 26 e o 28 de agosto

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

Seis representacións de compañías galegas constituirán o núcleo da nova edición de Titirideza, que se celebrará na Praza da Igrexa de Lalín entre o 26 e o 28 de agosto. As compañías participantes serán A Xanela do Magín, Teatro Cachirulo, Xarope Tulú, Estatalá, Pérez&Fdez e Larraitz Urruzola participarán nesta nova edición. Entre os espectáculos, Urruzola representará Dona Barriga Verde, unha adaptación contemporánea e feminina do mítico espectáculo de monicreqeues. Titirideza inclúe tamén animacións de lectura e exposicións.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Lalín, Teatro, Exposicións

Claves

Lugares