Co lema "Barracas e barraquiñas" o Festival Titirideza presentaba onte a súa nova edición. Logo do feche do Museo Galego da Marioneta, ao que estaba vencellado o festival, a nova xeira bótase ás rúas de LalÃn a homenaxear os titiriteiros ambulantes tradicionais e, en particular a Barriga Verde, exemplo por antonomasia desta arte no noso paÃs. Deste xeito, rúas e prazas da capital do Deza acollerán entre os vindeiros 13 e 15 de setembro cinco actuacións a cargo doutras tantas compañÃas en diferentes espazos, entre eles unha réplica da barraca de Barriga Verde.
La petite caravane da compañÃa Adrián Conde abre o programa na Praza do Concello o dÃa 13, e esa noite a Praza da Igrexa acollerá o espectáculo para adultos Amosa Burlesque a cargo de Miss LaCé e Roni Flamingo. Lost dog de Cal y Canto e mais Barriga Verde, versión de Viravolta TÃteres do histórico espectáculo que percorreu todo o paÃs durante medio século, compoñen o programa do sábado 14. Finalmente, o Dom Roberto de MãoZorra amosa a versión portuguesa deste personaxe, presente en toda Europa.