Olga Cameselle gaña o premio a mellor actriz en Estambul por'Serva me servabo te'

A nova produción do Centro Dramático Galego presentouse en Turquía no Festival Internacional de Teatro de Maltepe

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
O elenco posa co premio

O elenco posa co premio

O paso da produción 'Serva me servabo te' do Centro Dramático Galego polo Festival Internacional de Teatro de Maltepe, en Istambul, acadou un triunfo a través do premio á mellor actriz para Olga Cameselle. O pasado sábado o espectáculo da compañía pública participaba neste encontro internacional en Turquía no que o xurado recoñecía deste xeito o traballo da actriz e bailarina. A produción do CDG, dirixida e creada por Belén Bouzas, Diego M. Buceta e Fran Martínez aínda volverá ás táboas galegas nesta vindeira fin de semana con dúas funcións de despedida na sede do Centro, no Salón Teatro de Santiago de Compostela.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Centro Dramático Galego, Espectáculo, Salón Teatro...