
Deseñada co obxectivo de facilitar o acceso á información dos recursos culturais, CIMA require para ser usada achegar unha serie de datos sinxelos, para, a partir deles, xerar un documento .pdf, accesible a lectores de pantalla, con textos pictográficos e fáciles de ler e cun deseño que coida todos os detalles como tipografÃa, contraste de cor, iconografÃa ou transparencia dos pictogramas, para garantir a accesibilidade do resultado. Deste xeito, ponse a disposición dos e das programadoras culturais unha nova ferramenta que permite xerar de modo rápido e en diversos idiomas folletos que poidan ser lidos en PDF para ser accesibles a persoas con problemas de visión con información relevante e de maneira accesible sobre os eventos: localización, horarios, información sobre como chegar, guÃas, prezos especiais, dispoñibilidade de escaleiras mecánicas ou ascensores, espazos de descanso, carreiros accesibles para cadeiras de rodas, información sobre as pezas do museo, etc. Iniciado en 2020, cun orzamento de preto de 170.000 euros, e con data de finalización fixada para o ano que vén, "este é un proxecto Eramus+ KA2o4 centrado no ámbito da educación de persoas adultas, que foi orientado cara ás actividades culturais. O resto de socios están dunha ou doutra forma relacionados coa cultura e nós somos o socio encargado de realizar os desenvolvementos propostos", explica Enrique Costa Montenegro, docente e investigador do Grupo de TecnoloxÃas da información (GTI) do centro atlanTTic da UVigo, que xunto a outros dous investigadores do Grupo de Innovación docente Desire, conforman a representación da Universidade de Vigo nesta iniciativa ,que permitirá coñecer a realidade da cultura en Europa desde a perspectiva da inclusión e a accesibilidade cultural, os retos que enfronta e posibles solucións que faciliten un acceso inclusivo aos recursos culturais existentes.