De Estudios Abertos achega á poboación da Coruña 50 espazos creativos

A terceira edición do programa celébrase este sábado 7 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
De Estudios Abertos achega á poboación da Coruña 50 espazos creativos

Cincuenta estudios da Coruña nos que traballan un total de 92 artistas fanse accesibles á poboación na terceira edición do programa De estudios abertos. O Concello da Coruña presentaba onte esta iniciativa que "permite á cidadanía achegarse á produción e proceso creativo dun xeito accesible, á vez que descubre fórmulas de traballo vinculadas ao mundo artístico". Este sábado 7 de abril as persoas interesadas poderán achegarse a estes espazos creativos marcados nun mapa e que acollerán concertos, recitais poéticos e outros eventos. Segundo explicou Jano Muñoz, coordinador da iniciativa, os participantes poderán encontrarse cos artistas "dun xeito informal, como se fose unha inauguración, ou presentación, dunha obra".

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello da Coruña

Claves