
A proposta, ofrecerá ao publico a posibilidade, durante esa fin de semana de visitar de xeito libre e gratuÃto calquera dos estudios participantes, espazos diseminados pola cidade e os seus arredores. A modo de festival converterá a cidade de Ourense e algúns espazos dos concellos de Taboadela ou Coles, que tamén colaboran, nunha sorte de exposición ou feira descentralizada, permitindo á veciñanza e visitantes, achegarse a arte de primeira man, coñecer en primeira persoa aos creadores e deste xeito contribuÃr a amosar un traballo que as máis das veces, pese á veciñanza, pasa por descoñecido para os máis próximos. Entre outros, faranse accesibles o estudos de Marcos Viso, Isabell Seidel, Leandro Sánchez, David Gesto, Ferrer, Marta Dorribo, Sula Repani, Manolo Figueiras, Xosé e Rosendo Cid ou Baldomero Moreiras. A través da páxina web www.estudiosabertos.com, o público poderá acceder a un mapa xeolocalizdo dos talleres, e toda a información sobre os espazos e os artistas participantes.