Facer accesible a información ás persoas con dificultades de comprensión e, en último termo a "todos os públicos", é o obxectivo do proxecto Sinxelo, unha iniciativa da CRTVG coa Universidade de Vigo que ven de ser presentada. 'Sinxelo' permitirá que os servizos informativos da TVG emitan diariamente vÃdeos accesibles na súa web e redes sociais en formato de ‘lectura sinxelaÂ’ para persoas con discapacidade ou con necesidades especiais. Os vÃdeos serán realizados polos Servizos Informativos da TVG en colaboración co Departamento de Tradución e LingüÃstica da Universidade de Vigo, que se encargará de verificar, validar e intervir tamén na adaptación dos contidos e formatos para cumprir cos estándares da 'lectura sinxela'. Esta nova proposta comprenderá inicialmente vÃdeos de información estatal, autonómica e local, de feito o primeiro, que se emite hoxe mesmo, céntrase no naufraxio do Villa de Pitanxo. A difusión dos vÃdeos será a través da web G24.gal e as canles dixitais YouTube, Instagran, TikTok e Facebook.
A proposta baséase en aplicar os criterios da ‘lectura sinxelaÂ’, un método que emprega pautas e recomendacións á redacción de textos, ao ritmo das imaxes ou ao deseño e maquetación de documentos, sempre coa finalidade de facer accesible a información ás persoas con dificultades de comprensión. Trátase, segundo detalla Lourdes Lorenzo, directora do Departamento de Tradución e LingüÃstica da Universidade de Vigo e experta en tradución audiovisual, "dunha adaptación do texto a todos os niveis: léxico, estrutural, estilÃstico, pragmático... O adaptador debe partir do léxico máis común na lingua e das estruturas máis sinxelas, fuxindo de oracións longas e de subordinadas; tamén debe evitar as metáforas, a retranca, os dobres sentidos". Ademais, débese ter en conta a contextualización da mensaxe e explicar no texto os termos difÃciles de comprender. Coa posta en marcha de 'Sinxelo', a CRTVG convértese no primeiro medio audiovisual en España que aplica este nivel de comunicación con este formato aos seus contidos. Os parámetros dentro dos que se move o proxecto están tamén marcados pola asociación Inclusion Europe, apoiada pola Unión Europea e levarán o logo Easy-to-read.