O rapeiro Big Meu gaña a Liga CeibaRimas

O encontro busca fomentar o uso do galego no rap de improvisación

| Santiago. Redacción | Seccións: MúsicaLingua
Compartir:
Momento da Liga CeibaRimas, co vencedor, Big Meu.          Foto: @ceibarimas

Momento da Liga CeibaRimas, co vencedor, Big Meu. Foto: @ceibarimas

A liga CeibaRimas, un encontro con formato de competición que busca fomentar o uso do idioma galego na arte do rap de improvisación ( freestyle), ven de levar a cabo a súa primeira edición presencial en Santiago, resultando o rapeiro local, Big Meu campión deste 2022. As actuacións dos participantes dividíanse en dous minutos de improvisación libre e un intercambio de pregunta-resposta entre dous participantes durante outro minuto. Big Meu acadou o favor do xurado grazas ao seu enxeño e ao flow amosado, levando os 300 euros que se engadían ao título de vencedor deste encontro de cultura urbana organizado pola asociación Merenda Creativa sen ánimo de lucro.

Que che parece esta nova?
89 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medios de comunicación, Lingua galega