Os premios Mulleres no Foco recoñeceron a Lucía Catoira, Paula Cons e Chelo Loureiro

A Deputación de Pontevedra celebrou este 30 de setembro a gala de entrega

A Deputación de Pontevedra celebrou este 30 de setembro a gala de entrega
Entrega dos premios Mulleres no Foco. Fonte: Deputación de Pontevedra.
A segunda edición dos premios Mulleres no Foco, que organizan a Deputación de Pontevedra e a Asociación de Mulleres Cineastas (CIMA), celebrou este 30 de setembro a súa gala na capital do Lérez. Chelo Loureiro, gañadora de dous premios Goya e activista polo recoñecemento das mulleres no audiovisual levo un dos galardóns. Outro recoñecemento foi para "o traballo infatigable e o talento"de Paula Cons, xornalista, documentalista e directora e o terceiro recibiuno a directora de fotografía Lucía Catoira pola súa "mirada comprometida desde a cámara".

Canda a elas, subiron ao escenario as outras quince candidatas aos galardóns. Manane Rodríguez Rodríguez, Jaione Camborda Coll, Xisela Franco Costas, María Isabel Martínez Martínez, Pilar Comesaña Amado, Micaela Sinde Stompel, Araceli Gonda Cabrera, Tatiana Rodríguez Vázquez, Beatriz Legerén Lago, Andrea Vázquez García, Natividad Juncal Portas, Lucía Estévez González, Adriana Pérez Villanueva e Belén Montero Rodríguez participaron así dunha gala que contou coa actuación musical de Sés e presentada por Arantxa Treus e Mónica Sueiro. Cada unha das tres gañadoras fíxose cun premio en metálico de 5.000 euros.