Un encontro celebra a relación entre Carlos Casares e Camilo José Cela

A Fundación Casares organiza as IV Xornadas Videoxogos e Literatura

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Un encontro celebra a relación entre Carlos Casares e Camilo José Cela

Co título Historias dunha amizade: Iria Flavia en lembranza dos vinte anos de ausencia, unha xornada lembrará este sábado 1 de outubro a relación entre os escritores Carlos Casares e Camilo José Cela. A sesión, que organizan as fundacións dedicadas aos dous autores, homenaxeará ademais a figura de Kristina Berg, viúva de Casares.

O programa inclúe unha ruta fluvial en drakkar entre Catoira e Padrón, onde se iniciará un percorrido a pé ata Iria Flavia. Alí desenvolverase unha ofrenda floral ante a tumba de Cela e a lectura de textos dos dous autores. Unha visita guiada do Museo Museo Camilo José Cela, e unha mesa redonda con Darío Villanueva, Olivia Tudela e Adolfo Sotelo completan o programa.

En paralelo, a Fundación Casares organiza en Vigo a IV Xornadas Videoxogos e Literatura. A sede da Fundación Barrié na cidade acolle este encontro entre os días 29 de setembro e 1 de outubro. O programa inclúe mesas redondas sobre o financiamento destes proxectos, o rol en Galicia, a relación entre literatura e videoxogo, as posibilidades educativas desta forma de ocio e sobre "novas formas de comunicación". Ademais, desenvolveranse clases maxistrais sobre a plataforma Unity e sobre creación de personaxes, presentacións de proxectos ou a estrea do documental La industria salvaje sobre o sector.

Que che parece esta nova?
98 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camilo José Cela, Carlos Casares, Literatura, Fundación Casares...