As interaccións entre videoxogos e literatura analízanse nunhas novas xornadas da Fundación Carlos Casares

As xornadas celébranse o 11 e 12 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

Empresas, técnicos, artistas, investigadores universitarios e representantes do asociacionismo
profesional participan nas II Xornadas Videoxogos e Literatura que organiza a Fundación Carlos Casares este 11 e 12 de setembro no Museo MARCO de Vigo, coa colaboración do MUVI (Museo do Videoxogo). "O sector cultural do videoxogo galego ten moitas posibilidades de expansión", aseguran desde a fundación, "e é nese punto de confluencia coa literatura e as artes onde vai coller o impulso necesario para acadar a velocidade de escape cara a escena internacional". No programa, presentacións sobre narrativas, pero tamén sobre a aplicación de videoxogos á saúde ou á educación. A xornada contará con actividades paralelas, como un concurso de arte pixelada ou unha game jam.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Carlos Casares, Fundación Carlos Casares, Educación...