O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a orde de inclusión no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Museo do Videoxogo de Galicia. A ConsellerÃa de Cultura e Turismo reoñece asà a esta entidade con sede en Cangas do Morrazo que ten por obxecto "a organización e o desenvolvemento do Museo do Videoxogo (Muvi), que aborde dun xeito integral a historia do videoxogo a través de todos os dispositivos de hardware e software que conforman a súa colección, cunha particular atención ao sector do videoxogo de Galicia, e utilizando o galego como lingua vehicular de todas as actividades". A colección dos irmáns Jacobo e Galo MartÃnez foi a base que deu na creación deste centro, que conta con 50 metros cadrados de exposición nos que se concentran exemplares de xogos, videoconsolas, mandos e todo tipo de material a repasar a historia deste tipo de entretemento. Material de oitenta sistemas electrónicos diferentes que percorren catro décadas de evolución compoñen uns fondos que convidan a experimentar, aprender e reflexionar sobre os videoxogos e o seu peso na cultura contemporánea. O MUVI dispón arestora dun espazo propio en Cangas desde febreiro de 2019.