O espazo de traballo Trebella, en Cangas, acolle desde o vindeiro sábado 2 de febreiro o Museo Experimental do Videoxogo (MUVI), primeiro centro dedicado a esta industria que existe no noso paÃs. A colección dos irmáns Jacobo e Galo MartÃnez foi a base que deu na creación deste centro, que conta con 50 metros cadrados de exposición nos que se concentran exemplares de xogos, videoconsolas, mandos e todo tipo de material a repasar a historia deste tipo de entretemento. Material de oitenta sistemas electrónicos diferentes que percorren catro décadas de evolución compoñen uns fondos que convidan a experimentar, aprender e reflexionar sobre os videoxogos e o seu peso na cultura contemporánea.
A xornada de inauguración contará, a partir das 12 horas, cun concerto de La casa de los ingleses e estará acompañada dunha mostra de arte contemporánea con obras Mauro Trastoy, Santi Jiménez e Begoña Pastoriza. Os responsables do centro anuncian a súa intención de continuar con novas actividades de dinamización deste espazo.