O Museo do Videoxogo inaugura novas instalacións

Contará con 300 metros cadrados nun novo local en Cangas do Morrazo

Contará con 300 metros cadrados nun novo local en Cangas do Morrazo
As novas instalacións do MUVI, Museo do Videoxogo, terán máis de 300 metros cadrados dedicados a dar a coñecer a historia e evolución deste formato ao longo do tempo, preservar materiais e divulgalos. O vindeiro día 10 inauguraranse en Cangas estas instalación no novo espazo do casco vello da vila do Morrazo, na Rúa Aragón. O espazo ofrecerá a posibilidade de interactuar con sistemas dixitais e títulos de todas as épocas desde que existen estes xogos, ademais de incluír os produtos da industria galega do videoxogo, dun xeito especial.


Axentes do sector do videoxogo, profesionais da industria, autoridades da Cultura en Galicia reuniranse o día 10 no Novo MUVI, xunto con seareiros, na nova sede da Fundación Museo do Videoxogo de Galicia. O MUVI foi o primeiro museo aberto en España dedicado á historia do videoxogo. Desde o ano 2020 a Fundación Museo do Videoxogo entrou no rexistro de fundacións de interese galego. A colección dos irmáns Jacobo e Galo Martínez foi a base que deu na creación deste centro que ata o de agora, no espazo que ocupaba, contaba só con 50 metros cadrados de exposición.
Ligazóns