A Fundación Carlos Casares daba a coñecer este domingo 20 de decembro o fallo do Premio Carlos Casares-Kristina Berg ao talento activo, que a entidade convoca en colaboración coa Deputación de Ourense. O certame, que recoñece "o talento emerxente dunha persoa moza menor de 36 anos en calquera eido de coñecemento" foi nesta segunda edición para o fotógrafo Brais Lorenzo.
Lorenzo, nado en 1986, foi seleccionado polo xurado pola "sensibilidade da súa mirada fotográfica, a calidade artÃstica das súas obras, e o respecto e compromiso social que transmite o seu traballo" segundo apunta o fallo. Ademais, o comité destacou a alta calidade de todas as candidaturas presentadas.
O autor, formado na Escola de Arte e Deseño Antonio FaÃlde de Ourense, colabora en medios como  El PaÃs, Nós Diario, Revista Luzes, The Guardian , e axencias como AFP ou AP. Ademais, conseguiu premios coma o Ortega y Gasset, o premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo ou o POY Internacional.
O xurado estivo formado por Cristina Pato, MarÃa Martinón-Torres, MarÃa Canosa, Fernando González "Gonzo", Xavier Casares, Patricia Torres Madureira e mais Cristian Fojón Caruncho, gañador da primeira edición do certame.