Os concellos de Ferrol, Ares, Cabanas, Fene, Miño, Mugardos, Neda, Sada e Valdoviño acollen as vinte funcións de títeres que achega a cuarta xeira do festival Entes Animados. O programa está composto por cinco compañías internacionais, a incluír a dinamarquesa Alex Marionettes co seu Mr. Barty Puppet Show, a francesa Pelele, que levará a escena Pendente dun fío e o Dom Roberto dos portugueses Rui Sousa.
Canda a eles os italianos Di Filippo Marionette presentan Corazóns de madeira e a napolitana Irene Vecchia amosará o seu traballo A Lúa e Pulchinella, ademais de impartir un curso de manexo de títeres. Canda a ela, Paz Tatay, da compañía Pelele, impartirá tamén un curso de perfeccionamento sobre títere de luva orientado a profesionais do sector.