Títeres Cachirulo participa no Festival Mondial des Théâtres de Marionettes

Representará a obra ¡¡Olé, olé!! no encontro de Charleville-Mézières

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Títeres Cachirulo participa no Festival Mondial des Théâtres de Marionettes

A compañía galega Títeres Cachirulo participará por vez primeira no XX Festival Mondial des Théâtres de Marionettes que se desenvolve na localidade francesa de Charleville-Mézières. No evento, que transcorre entre o 20 e o 29 de setembro, poderán verse oito funcións da obra ¡¡Olé, olé!!. A montaxe é un espectáculo "cómico-musical de varietés baseado no folklore andaluz no que, da man de diferentes tipos de marionetas, asistimos a unha praza de touros e a un taboado flamenco, acompañados por turistas xaponeses", segundo explica a compañía. O festival, bienal, é un dos eventos máis importantes da arte dos títeres a nivel mundial, e concentrou na súa última edición arredor de 170.000 espectadores.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Títeres Cachirulo, Espectáculo

Claves

Entidades
Conceptos