Galicreques cumpre 15 anos con marionetas de 22 países

O encontro achegará marionetas africanas no marco do programa paralelo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Era unha data redonda (cumprían 15 anos) e Jorge Rey, director de Galicreques, non quixo que a crise deslucise o encontro. Malia contar cun orzamento moi baixo, esta edición do festival de títeres conta coa participación de 22 grupos de marionetas internacionais (Sri Lanka, Bulgaria, Argentina, Colombia....). As funcións estarán espalladas por diferentes escenarios (de rúa e teatros) espallados por toda a cidade de Compostela. Ademais, o festival contará con tres exposicións (Marionetas de Mali, África, Títeres con poesía, 25 aniversario de títeres cachirulo) e un amplo programa formativo para dar a coñecer o mundo dos títeres.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicreques, Exposicións, Poesía, Títeres Cachirulo...