Cuba, Islandia ou Francia son as procedencias dos protagonistas

Grande éxito do "V Festival Internacional de títeres"

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Marionetas, títeres e titiriteiros encheron as rúas composteláns durante toda unha semana. Grandes e pequenos puideron desfrutar dos espectáculos e representación que se fixeron en diferentes escenarios compostelanos.

Despedida

Binixifral, Teatro Elipse, Tanxarina, Salvatore Gato, Títeres Cascanueces, Planies e Rob Bunet foron os protagonistas do último día no festival de marionetas. Puxeron o colofón a unha semana na que o desfile de cor e de personaxes animaron as rúas de Compostela.


Titeres e titiriteiros recoñecidos

Durante esta semana visitaron Compostela recoñecidos grupos de titiriteiros, entre os que destacan Viravolta, Trompicallo, Cachirulo, Trécola, Tanxarina e Seis Dedos. Grupos que estableceron un programa no que as actuacións estaban pensadas para dous tipos de público. Un para os nenos, encandilados polo despegue de luz, de cor e de personaxes. E outro para os maiores, nuns diálogos cargados de doble sentido e con temas intemporais.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cuba, Francia, Tanxarina, Teatro...

Claves

Entidades
Conceptos