Redondela vai consolidando paseniñamente o seu Festival Internacional de Títeres. Para esta edición, que xa vai pola terceira, contará cun plantel máis reducido que en edicións anteriores (de 21 compañías pasouse a 14) pero que chegan desde oito países. A asociación cultural "Erre que erre", organizadora deste certame, ten unha clara vontade social de dinamización cultural e polo tanto pretende facer chegar as súas actividades ó maior número posible de público. Por iso durante 6 días (do 20 ó 26 de maio) rúas, prazas e o multiusos redondelano serán moi titiriteiros.
Programación
Redondela é a encargada de recoller o relevo dos títeres deixado por Compostela no seu Festival Internacional. E faino cunha programación moi estructurada e artellada que pretende amosar como os títeres van arraigando na localidade pontevedresa. E os encargados de poñer en marcha esta programación son os membros da asociación cultural "Erre que erre". E como bo festival internacional contará coa participación de compañías chegadas de países como China, Bélxica, Italia Arxentina, Perú, México, Eslovenia e Brasil, que compartirán mesa e mantel con dúas compañías españolas, unha galega e outra catalana.
A programación comezará o vindeiro día 20 de maio con actuacións dirixidas ós escolares no auditorio do multiusos da Xunqueira, que gozarán en exclusiva das actuacións ata o día 22 que é cando comeza oficialmente o Festival. Os eventos programados contan con dous tipos de actos.
Por unha banda están as actuacións en sala:
- Mércores 22: Ás 21:00 "Os monicreques de Kukas" (Santiago)
-Xoves 23: Ás 21:00 "Roman e cía" (Madrid)
-Venres, 24: Ás 21:00 Anima sonho" (Brasil) e ás 24:00 "Saltimbanqui" (Mexico) no Pub A Solera.
- Sábado 25: Ás 17:00 "Hugo e Inés" (Perú), ás 21:00 "Yeung Fai" (na China) e ás 24:00 "Teatro Pizzicatto" (Arxentina) no Pub A Solera.
-Domingo 26: ás 12:30 no Yeung Fai (China) no Auditorio Xosé Figueroa; ás 17:00 "Trac Trac" (Cataluña) e ás 21:00 "Hugo e Inés" (Perú).
E pola outra están as actuacións de rúa que encherán simultaneamente a Alameda, as prazas da Torre, da Alfóndiga, do Concello, da Constitución, e Reveriano Soutullo. As actuacións terán lugar do seguinte xeito:
- Sábado 25: ás 13:00 horas actuarán os mexicanos "Saltimbanqui", que repetirán función ás 19:30 cos arxentinos "El vagón de los títeres"e os belgas "Plansjet". Pola noite, ás nove, será o turno dos italianos "Salvattore Gatto" e os eslovenos "Antón Anderle".
- Domigo 26: A primeira sesión será á unha cos italianos "Salvattore Gatto", os eslovenos "Antón Anderle". A segunda sesión contará coa presencia dos arxentinos "El vagón de los títeres"e os belgas "Plansjet" así como os italianos "Salvattore Gatto". A terceira sesións, ás nove, repiten os eslovenos e os mexicanos. Pechan a sesión os belgas "Plansjet".
Presuposto
Nesta terceira edición do festival de títeres, os organizadores contaron un maior orzamento, exactamente unha suba que o sitúa en 7.500 euros (un 16,5% máis). Unha partida que se conseguíu do seguinte xeito: 12.025 cedeunos a Concellería de Cultura, 1.800 a Deputación Provincial e o restante (24.370 euros) procede de colaboracións comerciais e de recursos da agrupación de asociacións.