Redondela convértese na capital das marionetas ata o domingo

Participan 14 compañías chegadas de seis países diferentes

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Fiel ao seu obxectivo inicial, de achegar o mundo das marionetas á maior cantidade de público posible, hoxe arrinca en Redondela a XII edición do Festival Internacional de Títeres. Unha cita na que participan 14 compañías chegadas de 6 países (Francia, Portugal, Alemaña, India, Rusia e de diferentes partes de España) que encherán as rúas, prazas e escenarios desta localidade pontevedresa. Ademais, a edición deste ano complétase cun obradoiro infantil de construción de monicacos e unha exposición fotográfica que achega un punto de vista diferente sobre o perfil dos que se dedican ao mundo dos monicreques.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Redondela, India, Rusia, Obradoiro...