A zoqueira Elena Ferro celebra a primeira Foliada Eferro

Merza acollerá actuacións de Mercedes Peón, De Vacas ou SilvaRedonda este 17 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A zoqueira Elena Ferro celebra a primeira Foliada Eferro

Celebrar unha foliada cultural na eira do seu obradoiro na aldea de Merza, en Vila de Cruces. Esta é o proxecto que a recoñecida zoqueira Elena Ferro fará realidade este 17 de setembro coa celebración da primeira Foliada Eferro.

O programa conta cunha importante presenza musical que abrirá SilvaRedonda ás 12 e media da mañá. A experimentación de Mercedes Peón coa concorrencia continuará na sobremesa con Cê Orquestra Pantasma. As cantareiras da Tajea ás 18:30 e De Vacas ás 22 horas completan as propostas musicais.

A isto súmase o traballo de Viravolta Títeres, que porán en escena un romance de cego e mais a actuación de Nabiza Girl. O proxecto conta co apoio de Deleite, Estrella Galicia e o vermú Petroni. Ferro convida a toda a xente que teñen interese en asistir e anímaa a bailar neste encontro. A artesá anuncia ademais a súa intención de seguir a desenvolver actividades culturais na aldea.

Que che parece esta nova?
104 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Na procura do sétimo condado

Na procura do sétimo condado

Os arqueólogos identifican en Vila de Cruces un tipo de fortificación ata agora non documentada en Galicia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mercedes Peón, De Vacas, Vila de Cruces, Obradoiro...